Esta camiseta atópase actualmente en fase de preventa. Isto significa que, ao formalizar a túa compra, estarás a reservar a túa unidade antes de que se produza a fabricación da mesma.
Como funciona a preventa:
O prazo de reserva permanecerá aberto ata o 27 de setembro. Unha vez finalizado este período, o Club Baloncesto Breogán tramitará o pedido de fabricación durante a semana do 28 de setembro, en función do número total de unidades reservadas.
Prazo de entrega:
Trala confirmación do pedido de fabricación, o prazo estimado de entrega é de 45 días. Notificarémosche en canto a túa camiseta estea dispoñible para a súa recollida ou envío.
Grazas por apoiar ao Breogán e formar parte deste proxecto dende o primeiro momento.


