Unha edición limitada dunha camiseta de xogo que recoñece a importancia das raíces, do noso. A base da nosa filosofía, do noso xeito de vivir, está no rural.
Esta camiseta combina as cores do Breogán, celeste e branco, cun estampado que representa unha vaca leiteira, símbolo dun dos produtos galegos por excelencia e motor da economía e do modo de vida no rural galego.
A camiseta pode adquirirse en prevenda. As persoas interesadas poderán comprala ata o mércores 4 de febreiro e recibiraa no seu domicilio nun prazo aproximado de 45 días desde o momento en que se realice o pedido, que se efectuará o 5 de febreiro. Tamén haberá a opción de recollida, sen gastos de envío, na tenda oficial en Carrefour Lugo, unha vez que as unidades estean dispoñibles.










